PRANTO

Ollo, Patria a túa aflición
e escoito o triste balbordo,
que forman tocando a morto,
armas no noso temor
e vexo pobos irmáns,
erguer mil berros de ¡abonda!
Portugal, Australia, Holanda,
pero Ibérica non resoa.
Vemos nosos lusitanos
a protestar polas rúas;
grandes manifestacións,
en Iberia, vense algunhas?
Qué pasa? por qué durmimos?
Onde está o noso xenio?
ou é que a forza se vai
co raio do Xacobeo?
Qué é primeiro a vida humana
ou o culto a Prisciliano,
que nos dá tanto trasfego?
E qué a nosa xente dorme?
Non escoita o clamor,
que non vén dende o temor
nun amargo desespero?
É máis importante, logo,
o Celta ou calquera torneo,
que a vida dos irmáns
exterminados arreo?
Pouco podemos facer
para intervir, iso creo,
pero podemos berrar
e non o estamos facendo.
Se o goberno non o fai,
e vende armas a Indonesia,
podémosllo reprochar,
e cesará nosa amnesia.

Manolo de Rinlo

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.