MIÑA BARCA QUERIDA

Barca querida,
barca nostálxica,
cantos anos pasamos xuntas,
para min eras coma unha irmán.
Cando comezaba a saír a lúa,
eu buscábate
e as dúas xuntas saiamos
ata a maña.
Alí no medio de altamar,
iamos de pesca
mentres as estrelas
titilaban e en ese silencio e espera,
mentres eu os meus segredos che contaba,
ti sempre me escoitabas.
Falaba contigo
inda que non contestaras,
pero sabia que me entendías,
que un pouquiño de alma
tiñas gardada.
Cantos sorrisos e bagoas
ao teu carón botei,
pero ti sempre me arroupabas,
contigo podía contar
cando algo me pasaba,
ti o segredo sabias gardar,
eras incondicional,
unha irmán e amiga,
coma ninguén pode imaxinar.
Teu corazón de madeira,
pero hai estaba e latexaba de verdade,
eu o podía escoitar.
Pasou o tempo para ti e para min,
ti fuches avellentando
e do porto non podías saír,
eu fíxenme maior,
a pecar non podía ir.
Que tristura sentía o meu corazón,
cando pasaba por alí
mirábate no porto tan soia,
tan triste sen min.
Dígoche unha cousa,
virei a visitarte sempre que poida,
pois ti segues sendo unha
irmán para min.
Contareiche de novo os meus segredos,
as miñas cousas,
e ti mos gardaras outra vez.
Así estaremos de novo xuntas,
aínda que de día esta vez,
unha cousa esta clara,
e que ti nin eu
non poderemos esquecer,
nin separar, so nos pode
separar a morte
e esa o fará para sempre e de verdade.

Milagres Ferrer García
Grupo Poético Brétema
(3º premio de poesía 2015)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.