BÁGOAS
Hai bágoas que cheiran a
impotencia.
Bágoas que cortan,
coma coitelos…
E bágoas que se alugan
por un puñado de pesos.
Hai bágoas que se fan anacos nun
intre,
Bágoas baleira que remexen o silencio,
e bágoas que se mesturan
entre verbas de morriña.
Hai bágoas preñadas de paciencia
na casa das meigas,
e bágoas que cospen aturuxos
no lume das tebras.
Hai homes que choran lembranzas,
e homes que se afogan
nun mar de cadaleitos esquecidos.
Hai homes brancos,
e tamén homes negros…
-Eu non quero miña nai,
ser branco nin negro,
nin quero ser bágoa, nin ser
coitelo.
Eu quero ser home querendo ser
neno!
Eu quero ser arbore xogando no
tempo!
E ser andoriña, voando no vento.
Manuel Olveira Hortas
Grupo Poético Brétema
1 comentario:
Siempre hay que recordarlo con esa alegria que el mis mo infundia. Saludos Magali
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"