PARA TI MULLER
PARA TI MULLER

Non podería chamarme poeta
senón dedicara unha poesía
as miñas irmáns, compañeiras de fatigas
neste longo camiñar que é a vida.

Para ti muller, que sofres en silencio
os golpes daquel que xurou amarte,
que calas porque tes moito medo
desa furia e rabia sen remate.

Unha poesía que sexa un himno a esperanza,
para esas nais coraxe que loitan sen tregua
por salvar ós seus fillos atrapados
nos brazos infames da maldita droga.

lembremos tamén a tódalas artistas
poetas, escritoras e pintoras,
que ocultas tras viles usurpadores
nunca puideron asinar as súas obras.

Unha poesía que serva de agradecemento
a aquelas que arriscando as súas vidas
loitaron por conseguir os nosos dereitos
e que as nosas voces fosen oídas.

Mulleres de culturas sen igualdade
escravas ignoradas pola xustiza,
mulleres que dedican as súas vidas
a levar adiante as súas familias,
polas que traballan dentro e fóra do fogar
porque muller significa loita e vida,
para todas elas, vai a miña poesía.

Carmen Darriba

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.