O VINTECINCO DE ABRIL


So un pobo como o Luso,
ao rimo dunha canción,
fixo hai vintetantos anos
toda unha revolución.

Admirable Portugal,
coa poesía dos verxeis,
puxo en pé todo o Pais
ofrecendo caraveis.

Marabillosa Nación,
de antes de ser escravos,
prefiren morrer de pé
coa “Revolución dos Cravos”

Nunca no mundo se vira,
nos diversos avatares,
levantamento sen tiros
duns poucos militares.

España pegou un pulo,
deprendeu a lección
de destronar ós tiranos
o rimo dunha canción.

“Grandola Vila Morena...
terra da fraternidade...”
trocou o rumbo da vida
en terra de liberdade.

Tódolos ríos españois
de pouco ou moito caudal,
dende entón, vendo o milagre
fuxiron para Portugal.

Manuel Vázquez
deprendeu a lección

Manolo de Rinlo
Grupo Poético Brétema

1 comentario:

Jean dijo...

Seempre é un pracer ler as túas vcerbas, Manolo, pois semella que xogas con elas e as amas. o meu parabén ao teu traballo

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.