CHEIRAS A VIDA E AMOR

¡Xente nosa, terra nosa
bendito folclore de extirpe
paraíso de luz e beleza.!

Música Celta agarimosa
ceos de maná de esmeralda,
erguida raza de patriota
unha orquídea na mañá..

Raio de perla e talismán,
crepúsculo de lume do sol
un vagalume de liberdade,
recanto do Edén para o amor.

Cántico de ambrosía nas praias,
verdes horizontes  de ledicia
as costas cheas de barcas
o real soño de esta Galiza.

Alma de nai terra
berce onde nace a luz
un verxel en primavera
un inmenso ceo azul.

Un mar de belas sereas
un xardín de homes nobres,
mulleres de mirada leda
nunha terra de renome.

O creador esculpiu as rochas,
deu brillo ao ancho dos seus vales
e o pintor pintou as rosas…
da estrela dos mares.

…E da pluma do poeta,
o gran creador de fábulas,
debuxou a Galiza bela
con morriña de esperanza.

A brisa do cálido vento,
dos días preñados de choiva,
a satisfación de vivir o tempo
nas noites de meigallos de lúa.

Solpores que abrazan a ría,
roxos ocasos cheos de cor,
faro de vida que brilla
unha estrela manando calor.

Atracción de fermosos recunchos,
amuleto de belos sendeiros,
un camiño cheo de refuxios,
a morriña que deixa un gaiteiro.

“Tito”
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.