OS MEUS PASOS

Pasiño a pasiño
contei as pedriñas
camiñando paseniño
para chegar ao meu destino,
por carreiros empedrados
e por sendas tortuosas,
baixei e subín as costas
e tamén as corredoiras.

Percorrín pobos e vilas,
atravesei as cidades
e deiteime nunhas pallas,
e gocei dos albergues.

Coñecín a peregrinos
De tódalas condicións
E de distintas nacións,
Chegando a ser compañeiros
No duro peregrinar,
Loitando co temporal,
Vento, choiva, e mais xeada,
Co desexo de chegar.

Comín produtos da terra
que atopaba polas leiras;
as fontes déronme auga
e os arbores a súas froitas.

Esquecín de onde veño
pero sei que estou chegando,
pois ao lonxe eu albisco
tras un ceo encapotado,
ao final do itinerario,
a Catedral de Santiago
onde espera o Apóstolo Santo
a coller meu cumprimento.

Conclusión:
Se queres adelgazar,
o camiño has de facer,
pois despois de moito andar
moitos quilos as de perder.

Mariano Marcos de Abalo
Grupo Poetizo Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.