Lume creador


Lume creador

Agardo ver a túa sombra,
en cada esquina que vexo,
i o corazón redobra,
o seu esforzo i o seu desexo.

E cae a noite fóra,
mais dentro aluma o sol,
i o malo que era,
non está no que agora son.

Comeza a facer frío,
mais dentro o lume arde,
quero poder secar ese río,
que pode que un día dos teus orbes mane.

Con ese lume,
arredarei de nós as feras,
saciarei a nosa fame,
de bicarnos sen esperas.

Con este lume,
acenderei as túas meixelas,
pra que este home
apouse cos seus beizos cariño nelas.

Con este lume,
prenderei a túa mirada,
farei que á miña ame,
que ren máis che importe nada.

Con este lume,
devastarei a distancia,
queirmarei a esa infame,
que do peor se evidencia.

Con este lume,
abrasarei ó tempo,
glotón que todo o come,
del so quedará po.

Contra este lume,
nin murallas nin castelos,
nada pode coa lapa que xeme,
por lamber os teus cabelos.

Nin foxo nin trampa,
nin trincheira nin barricada,
ren contra o lume que arrasa a campa,
incendiando o corazón da benamada.

Nin fronteiras,
nin leis,
nin guerras,
nin reis...
Ren respecta.

Abrasa,
queima,
chamusca,
e acinza.

E do queimado,
nada impuro pode nacer,
purificado,
algo novo dá en crecer.

Algo cuxa mirada,
se arreda de todo o mal do mundo,
do lume da miña alma namorada,
nace o noso amor profundo.

Bran Barral

(Santiago de Compostela)


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estimado Bran, eso mesmo facemos na noite de San Xuan, para queimar os trastos vellos agardando que novos soños crezcan, pero cando todo se quiema para facer dano e parar quiemar os animaliños do monte, eu digo que habería que qeimar a o queimador. Saudos, Ceneme

Anónimo dijo...

Hola Bran Barral: O lume todo queima e purifica
estas historias sonche pra creer ou pra olvidar,
pra min o lume solo destruye a vida, que he a obra
de Deus.
Un cordial y atento saludo de Félix Loira.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.