Canto mariñán


Canto mariñán

Na hora da alba sería cando a dorna
acariñaba as doces augas da nosa ría.
Á pesca ían os homes na maruxía,
voltaban cos barcos cheos coa luz morna

dos solpores, cantaban as rexas ondas
unha fermosa cantiga aos valentes pescadores,
que viñan cheirando a mar na procura dos amores.
Na taberna do porto escomenzaban as rondas

que aqueles garridos homes do noso mar
facían  despois das longas e penosas faenas,
bebían e cantaban, disque para afogar as penas,
un mozo da Garda as súas quería libar.

Namorado dunha morena portuguesa,
Suspiraba e sufría porque ela nada lle amosaba.
Non sabía o moi tunante que quen o amaba
e o esperaba cada día, era unha fermosa guardesa.

Ela cando ollaba para aquel xeitoso veleiro
que arribaba cantareiro ao porto da Garda,
triste laiábase, este amor moito me tarda.
A moza agardaba saudosa a aquel infeliz mariñeiro.

Pregaba e pregaba con forza á nosa Señora
para que aquel teimudo homiño do mar
deixara á portuguesa e a ela poidera amar.
Doíase a coitada porque non vía chegada a hora,

un día cando arribaba contento a bon porto
fitou nos ollos acibeche da belida guardesa
e soubo quen o amaba máis que a portuguesa,
unha roseira garrida brotou no seu horto.

Aquela fermosa meniña tan galana, tan florida
cautivou por sempre ao mariñeiro de A Guarda,
o poeta soubo entón que o amigo xa non tarda
e a moza xa cantaba aos amores da súa vida.

Ponse o sol vermello e fulgurante preto da raia,
o mariñeiro e a moza ben dicen seu cantar;
o mozo liba a froita que ela leva na saia.

Os luceiros lonxanos xa da noite pechada
escintilan vivaces  na altura ben fermosos
na entrega efusiva do amado e da amada.

Un poeta mozo que dorme na Garda
cantou aos amores das xentes do mar,
da moza guardesa, da moza que agarda

ao mociño que lle trae o vento mareiro
nun veleiro garrido, nunha dorna senlleira.
Quen poidera namorar da Garda, un mariñeiro!

Sóuboo engaiolar aquela moza guardesa,
aos amores ventureiros que veñen pola ría
estívoos a agardar esa amada princesa.

O mariñeiro guardés abreulle-lo seu corazón,
a roseira dos ventos, a roseira do amor
para ese mozo algareiro mellorou a situación.

Amaba e dicía moi ben do noso mar
un poeta, un tal Feliciano Rolán,
aquí os seus versos por sempre han perdurar.

Esas vellas cancións, esas historias mariñeiras
endexamais nos deixarán de engaiolar;
verbas nacidas no mar, palabras ben ventureiras.

O vento vainas levar ás terras de Santa Tegra,
esa fermosa e poética bisbarra guardesa
que con Rolán sempre o noso corazón alegra.

Xermán Torres de Aboal

(Vilagarcía de Arousa)

-Accesit Premio Poesía Feliciano Rolán-



5 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bonita historia Xermán, non me extraña que che deran o premio. Ben de rima e ben de contido.
Saudos, Ceneme

Anónimo dijo...

Ayer me alegró ver el "canto " merecedor del reconocimiento de los miembros del Certamen F. Rolán. ¡ Felicidades . Veo que no acerté a escribir cómo resonó "el canto "
Hermosa , fuerte, transformante la fuerza del amor que hace nueva la alborada , con nueva luz y esperanza el ocaso y hasta le tierra muestra rosas .
Su melodía sembrada y mantenida como fruto maravilloso en el mar , trasladada por el viento que mantiene los acordes y los regala desde Santa Tegra sigue resonando
Con agradecido afecto María Palacios

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Gracias queridos amigos y compañeros. Yo lo juego con las palabras, soy un jugador de palabras, no un poeta; eso son palabras mayores y también soy un amante de la poesía y admirador de Rosalía, Curros, Cabanillas, Manuel María, Lope, Quevedo, Góngora, Antonio Machado, Lorca, Amado Carballo, Cunqueiro, Manoel Antonio,... eses si que eran extraordinarios poetas. Gústame a sensibilidade, o artístico e no grupo da Mesa das Verbas hai moitas persoas moi sensibles e con moito arte e humanidade.
SAÚDE E POESÍA!

Anónimo dijo...

Hola Xerman: Muy bonito e interesante poema o teu
traballo, e nomeando no recordo a os mais famosos
e importantes poetas nosos. O premio Feliciano
Rolan merecechelo de verdade, uha apreta de un
amigo leal e sinceiro Félix Loira.
Perdoa as faltas de ortografia, por que ten mais
das que un quixera.

Anónimo dijo...

Es un largo poema que combina los sentimientos que despiertan el paisaje mismo y la vida junto al mar. Y también, si no interpreto mal, los sentimientos por ese amor que va y viene como las olas del mar. Saludos Daniel.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.