Chove


Chove

O mar deu a volta en Santiago,
agora está onde estaba o ceo,
e como hai gravidade,
comeza a baixar.

A min gústame o seu son,
o das súas bágoas contra o chan,
abrín ata as ventás do corazón,
pra oír a súa caída en van.

En van?Non, mentira,
sen ela non hai vida,
e quen diga o contrario,
non vive outro aniversario.

E asómome á fiestra,
e saco a cabeza por ela,
porque para min é unha festa,
o seu petar na xanela.

E pinga a pinga,
de basura,de suciedade,
varren estas rúas,
onde so queda a soidade.

E o silencio impónse,
sen oposición visible,
pero o repiqueteo líquido,
non cesa fronte ó temible.

E como cristais caen,
finos ou grosos,
e non son quen,
de dicir que non son fermosos.

Ven e volve,
volve e ven,
unha de cada nove...
unha de cada cen...

Pero nunca nos abandona,
sempre segue aí,
cando nada un se perdoa,
cae e lava ó alhelí.

E así florece de novo,
como flor recendente,
e así nace do ovo,
a nova xente.

Limpa e pura,
sen reparos,
ata que de novo se ensuxa,
e se tornan de novo malos.

Por iso adora a choiva,
nada me reconforta coma ela,
so a mellor das noivas,
so amigos de aló e Compostela.

Bran Barral
(Santiago de Compostela)


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Bran, estás en Santiago,
onde a choiva é arte,
e o sol poesía.
Ceneme

Anónimo dijo...

Hola Bran Barral, Coincido con el amigo Ceneme, la magia de Santiago, donde la lluvia es arte y el Sol poesía entre otras cosas, pero sin olvidar que gracias a Atanasio y Teodoro descansa en nuestra tierra el apostol Santiago, apostol de Jusucristo.
Recibe un cordial saludo de tu siempre amigo,
Félix Loira.

Anónimo dijo...

Bran : Mi libro de geografía decía que "Santiago es el lugar donde más llueve en España " Yo sin "entender toda la riqueza expresiva de tu poema por mi desconocimiento del idioma " leo y adv ierto que " abiertas las ventnas de tu corazón " alcanzas el ritmo de cada gota . Gracias y felicidades por tu percepción y expresión en el poema. María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.