A Estrela
No ceo a estrela
fermosa e fulxente
aluma o camiño
agraciadamente.
Os Magos de
Oriente
tras dela están
e de seguidiña
o portal verán.
No berce o luceiro
aluma o portal
e ollan ó Neno
con luz augustal.
Axiónllanse os
Reis
ante aquela luz
e humildes
contemplan
ó Neno Xesús.
Camiñemos cada día
trala estrela de
Belén
que se a temos por
guía
nesta santa
romaría
verémolo nós
tamén.
Xosé Antonio
Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
4 comentarios:
Faltaba Xosé Antonio un poema tuyo a la Navidad, me alegro al comprobar que también te inspira. Saludos y mejor año nuevo. Ceneme
Desta volta non vou a respostar a todos de xeito individual, así que felicidades e que o novo ano veña preñado de saúde, traballo e xusticia, que polo resto habemos ir tirando.Bicos e apertas.
Cedeira
X.A.Suárez de Aneiros
Que e túa estrela de Belen guienos polo camiño da solariedade cos demais. Feliz ano Xosé Antonio, o teu amigo manoel carlos
Que bo é que cada ano podamos ter a ledicia de pensar nesa bendita estrela, e coma renovarnos de novo... unha aperta. Montse
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"