A crise


A crise

Os magnates e banqueiros,
sambesugas de hoxe en día,
ó pé do politicastro
medran e fan vilanía.

Estes novos dirixentes
tratan a un á baqueta;
son animais, fóra a alma,
e as nosas mentes inquedan.

Esta caste de individuos,
ladróns e abominables
fan perder a esperanza
a xente considerable.

Un político actual
dixo que o pasaba mal;
só gañaba uns seis mil!
Que anaco de animal!

Esta clase de suxeitos
non son santos dos meus ollos
e non veñen moito ó caso,
mellor pasar o ferrollo.

Queren ter o mar nun puño
e poñer portas ó campo,
son fatuos e fachendosos
e ás veces usan o lampo.

Teñen a alforxa chea,
pero quérena aumentar,
róubanlle a quen non ten branca
e o pobre ten que esmolar.

Ó paisano contribuinte
déixano polas portas,
polos desafiuzamentos
moitas persoas van mortas.


Por riba só vai haber
xustiza só para ricos;
moito costará un litixio
se non trocan o ministro.

Hoxe andamos cangados
por mor destes desgraciados;
con xustas leis e razóns
á cadea… ou desterrálos.

Xosé Antonio Suárez Aneiros

Cedeira
(A Coruña)


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Non fai falla que che diga que comparto os teus pensamentos. Ceneme

Anónimo dijo...


PROTESTA AO SISTEMA POLÍTICO DOS NOSOS NOVOS DIRIXENTES POR FACELA BOA, E AGORA QUÉ?

DEICA OUTRA MUIÑADA.

FRANCISCO DE SOTAVENTO -CEDEIRA

Anónimo dijo...

Amigo José Antonio: Es una verdadera vergüenza
lo que ocurre, cada vez me sorprenden más los politicastros. Mientras mueren a diario 10 millones de niños por no tener nada que llevarse a la boca, los mal nacidos roban a manos llenas,
pero tiempo al tiempo, por que todo tiene límite
y por lo tanto su fin.
Cordial y etentamente te saluda, Félix Loira.

Anónimo dijo...

José Antonio : Amplio análisis poemado de una situación que pasará . Deseando que se vea el arco iris pronto. Mi afecto María

Anónimo dijo...

Agradecido, meus amigos, polos vosos comentarios.
Unha agarimosa aperta e que haxa saúde. Bo Nadal a todos.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros.

Anónimo dijo...

Restablecido o servicio do meu ordenador, de novo escoito as palabras que me fan sentir neno.
Felices festas.
santi Brañas

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.