Vimos, pasamos e...desaparecemos
Contigo meu amor
gustaríame chegar a vello
e que sexas a miña compañeira
no camiño do tempo.
Aprenderemos a amarnos
a querernos, a coidarnos
camiñando da man os dous xuntos
no camiño do tempo.
Coas nosas alegrías e medos
nosas ilusións e logros
loitaremos por conseguilos
no camiño do tempo.
Viviremos o amencer e o ocaso
o verán e o outono
a primavera e o inverno.
no camiño do tempo.
Cando cheguemos a vellos
ao vernos, nós rirémonos
de dous vellos amigos
no camiño do tempo.
¡En fin! gustaríame miña
compañeira, amante, amiga
que sigas conmigo
cando se acabe o camiño
se ti queres, ou...desaparecemos
Manuel Carlos
(Gran Canarias)
5 comentarios:
Cando se quere realmente. o amor é para sempre.
Felicidades.
Cedeira
X. Antº Suárez de Aneiros
Moi deseado, Manuel Carlos. Cuando yo me vaya, olvidame Ya!
entregate por entero,
ninguna otra vida vivirás
y cuando vea tu hermoso pelo
enredado en otros dedos
a mi corazón en duelo, dará igual.-Saludos, Ceneme
QUÉ DESEXO MÍA AGARIMOSO PARA ESA MUSA QUE LLE CANTAS. POIS CHAMA MEU AMIGO PARA IR XUNTIÑOS POLO CAMIÑO DO TEMPO QUE SE PASA E NON SE VE. CANTO AMOR TES METIDO NO PEITO.
UNHA APERTA MEU AMIGO. FRANCISCO DE SOTAVENTO. CEDEIRA- CEDEIRA
Excelente. Me ha llegado tu poema. De alma a alma. Un abrazo. Daniel
Amigo Manuel Carlos: El amor si es de vedad es
para siempre, y así debiera ser, pero la gran mayoría de las veces rompe en mil pedazos, porque la mentira, egoismo, hipocresía, etc. rompen los esquemas, mejor solo que...
Pero sin pasarse rompiendo corazones.
Cordialmente tu leal e incondicional amigo.
Félix Loira
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"