O xogo da noite


O xogo da noite

A lúa reflectiuse na túa beleza!
… e a noite chea de estrelas…
envexoute cal princesa…
con fermosura de serea.

Nos teus ollos, perlas de bágoas,
a luz pintaba cores,
cal arco da vella que abraza
un xardín cheo de flores.

E cando… mostraches o teu sorriso,
cun fío na túa fala,
sentín como se fora un bico
no fondo da miña alma.

Quixen dicirche tantas cousas!
que os nervios me traizoaron,
mentres se ían as horas
a lúa foise marchando.

No meu pensamento… sentía
un latido de emoción,
e o meu peito, cheo de vida…
quería falarche de amor.

Mil preguntas sen resposta
que eu mesmo agochei.
Se souberas cantas cousas
aos teus ollos eu calei!

Amante Romero Álvarez
(Grupo Poético Brétema)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Bonita estampa-poema de amor. No amor case sempre as preguntas que quedan no interior son as que máis tarde afloran.
Noraboa.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros.

Anónimo dijo...

Un bonito poema de amor, ejecutado de una forma libre, pero agradable de leer. Saludos, Ceneme

Anónimo dijo...

Amante Romero Álvarez
Cuando el amor es muy grande nos deja sin palabras.
Un desafío para buscar expresar ese sentimiento que no se puede comparar con nada.
Saludos . Daniel

Anónimo dijo...

Amante Romero : No alcanzo ( mi limitación de idioma ) a percibir todo el flujo bello y luminoso, auqne sea " de noche " de tu poem . La primera estrofa presenta la oscuridad nocturna " plateada " por la belleza estelar manifiesta en tu alma y proyectada al alma que ha despertado el amor pero que las palabras no alcanzan a "definir ". Gracias Con mi afecto María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.