E van algúns difuntos...


E van algúns difuntos
encomezando o misterio,
expiando pecados
saen do cemiterio.

Veñen do alén ás almas
ao mundo, penitentes,
non cumpriron promesas,
pagan contas pendentes.

Indo na procesión
non toparán acougo
ata voltar ao alén
e deixar seu calvario.

Non hai quen deteña
da estadea a marcha,
nin mares, nin ríos,
vales ou montañas.

Qué terá Galicia
que a todos atrae
e cando estás lonxe
enche de saudade.

Rafael Gómez Fariña
(Grupo Poético Brétema)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Rafael nunca he hecho un comentario sobre tus poemas, la verdad que me gustan todos los que lei hasta ahora, y este no deja indiferente a nadie.
Un fuerte abrazo
Maria Luisa.

Anónimo dijo...

Moi ben o poema de versos hexasílabos sobre a estadea ou santa compaña, reminiscencias doutros tempos.
Noraboa.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Rafael
Inquietante la imagen que ilustra. Me gusta la fuerza del poema que “no la detiene ni mares, ni ríos,
valles o montañas”

Daniel

FRANCISCO DE SOTAVENTO- CEDEIRA dijo...


CANTO HABÍA DENTRO DO MAXÍN DO GALEGO.POIS TEÑO OÍDO QUE A SANTA COMPAÑA QUE A VÍAN MOITOS MARIÑEIROS ANDAR POLO MAR E QUE HABÍA MULLERES QUE ATA AVÍAN DE DÍA PERO, XA DENOITE XA SE VÍAN E SE REUNÍAN MÁIS DIFUNTIÑOS.

ESTES POEMAS DEBERÍAN APARECER TODOS OS DÍAS.

GRACIAS RAFAEL POR QUITAR COUSAS PASADAS QUE GUSTAN MOITO E DISTO TEMOS UN TESOURO.

UN GRATO SAÚDO
DE FRANCISCO DE SOTAVENTO- CEDEIRA



Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.