Carme Darriba

Para Carme, no tren rexional de Vilagarcía a Vigo,
 15/06/2012; 17:30 h.

Carme Darriba, poeta,
teus versos beben nos ríos
da Terra, voan polos ceos
prístinos da túa Redondela natal.

As túas verbas saen das fontes
máis fondas do teu espírito
cargadas de agarimosos sentimentos,
de espiñas dos teus laídos queixosos.

Palabras de consolo e de xustiza,
flores do teu decir sentido,
notas musicais ledas e tristeiras;

paradoxos e complexidades da vida,
que vives intensamente;  en plenitude,
agromas esperanzas para todos.

Xermán Torres
(Vilagarcía de Arousa)
Blog de Xermán:

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas Xermán, por tuas verbas de loubanza para nosa compañeira que ten sobradamente merecidas po los anos e a gran cantidad das suas obras. Ceneme

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Ceneme, grazas a todos vós, os de Brétema, por brindarme a vosa querida amizade. Sen dúbida Carme merece todo, é unha poeta coraxe.

Saúde e poesía,

Xermán Torres

Anónimo dijo...

Bonito recoñecemento para a nosa amiga e poeta Carmen. O máis destacable, a profusión de metáforas e imaxes que engalanan o teu poema. Quédome con:

"As túas verbas saen das fontes
máis fondas do teu espírito"

O meu parabén.
Antonio

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Antonio, grazas polo teu comentario. Carme, como todas as mulleres, son as que teñen forza nas adversidades e como lobas feridas ao loitar polo ben da prole, loitan polo ben da sociedade. Hai que espertar, valorar e reivindicar o lado feminino que mobiliza o mundo con tenrura de nai e vigor de muller traballadora. Que sería do mundo sen as mulleres!

Forza poética,

Xermán Torres

Anónimo dijo...

Carmen Gracias porque tus versos " beben en los ríos de la Tierra y vuelas por los cielos " y porque Germán expresa el reconocimiento de tus expresiones versificadas éstas son siempre breves y ricas de contenido
Se me ocurre que " desde las fuentes hondas del espiritu " en ellas están borradas las diferencias de la biología : varón-mujer , orientadas a la continuidad de la vida , tierra de "fuentes hondas del espíritu " Magnífico que se perciba y reivindique , como cada uno sepa para que en todos fluya el " agua de las hondas fuentes del espíritu" y que Brétema nos permita
leer y beber el agua . Gracias, mi agradecido afecto María









2

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.