A miña nenez.







A miña nenez.

Eu non puiden correr nin brincar,
eu non fun un rapaz billardeiro;
durante anos estiven tumbado
… nun carriño gallofeiro.

Nin xogar á bandeira e ó curne
tampouco ó pano e á chapa na rúa;
lía libros e chistes  a embute,
…nunca xisguei na falúa.

Prendeume  a enfermidade e o mal,
mais  nunca fun propenso a ira,
sempre aceptei a situación,
…foi amor que recibira.

O meu pai ensinoume a ler,
miña nai a cantar as cantigas
e os veciños da rúa Real
… a cumprir coas obrigas.

O meu tollemento non foi quen
de impedir que me sentise pleno,
porque con esforzo e vontade
…nunca me sentín pequeno.

Gracias á boa xente da rúa,
ós parentes e demais amigos,
a todos os que me deron azos
… e ós que estiveron comigo.

Xosé Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)



8 comentarios:

Anónimo dijo...

Por eso, gran amigo, por eso no te quejas
Un abrazo
Santi Brañas

FRANCISCO DE SOTAVENTO-CEDEIRA dijo...

LEMBRANDO A TÚA NENEZ NO CARRIÑO E CANTAS VECES TE TEÑO VISTO AO PÉ DA TÚA SOLEIRA. E XA DAQUELA ERAS O PEQUENO QUE MÁIS LÍA DA VILA. OS CHISTES PAPACHELOS TODOS MAILOS LIBROS QUE ÍAS PAPANDO. POR ISO SAÍCHE MESTRE POR SER UN NENO LISTIÑO E DEPASO SABER CANTAR E TOCAR A GUITARRA, E AS VELLAS CANTIGAS QUE ATÚA MOLEIRA ÍA RECOLLENDO DA TÚA VELLIÑA, E A SABEDURÍA DO TEU VELLO QUE ERA UN HOME DOS MÁIS AGUDOS DA VILA NO PLAN DE SABER AS COUSAS...

O POEMA ESTÁ BEN LOGRADO TEN RITMO INTERIOR QUE XA NON NECESITABA NINGUHA RIMA.


UNHA AGARIMOSA APERTA DE XAVIER DA GANDALLADA,
CAMIÑO DAS FÁBRICAS. CEDEIRA

Anónimo dijo...

Antón, tua nai deuche un bo conselle, como sempre fan as nosas nais. Estuda fillo, estuda,
nesta vida non deiches de estudar,
o iñorante non sabe o que é iso
ata que sua cachola empeza a espertar.
Saludos, Ceneme

Manoel Xosé dijo...

Interesante e sinxelo, amigo Xosé, o poema ou canto, ten ritmo e harmonía musical, tal parece o leelo... fermoso, cantareiro. Parabéns.

Anónimo dijo...

Algunas veces los desafios nos lleban a hacernos fuertes y a encontrar un camino personal en la vida.
un abrazo
Daniel

Anónimo dijo...

É certo, Daniel, ás veces da necesidade faise virtude e e é de ben nacidos ser agradecidos. Claro, Ceneme, as nais son as nais. Manoel Xosé agradecido polo teu sincero comentario e a Xabier e Santi que son coma da familia unha aperta que fago extensiva a todos.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Xosé Antonio: Agunos términos de tu poema me señalan que contigo pervive el NIÑO que nunca fue "pequeño " que supo percibir su grandeza , la que los ojos no alcanzan , que supo aceptar y experimentar cómo "el esfuerzo y la voluntad " han orientado tu vida . Por todo gracias mías junto al AGRADECIMIENTO que expresas. Con mi afecto María

Anónimo dijo...

Gracias, María; en efecto dende os dous anos ata os once estiven tirado nun carro sen poder moverme, pero con vontade e tesón, e a axuda de Deus e dos meus pais, logreino e fíxenme un home.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.