Silabario da nostalxia

Silabario da nostalxia

Un recendo a brétema borrifa de gris a mañá
e nas casas baleiras tan só as sombras,
rexas e inquedas,
permañecen e gobernan

Silabario da nostalxia,
ladaíñas...
ladaíñas dun tempo xa esgotado

E no caminiño aquel que vai á aldea,
un adubado de escamas vén adobando na herba,
caminiño de lembranzas...
de cheiros a cecimbre

Silabario da nostalxia,
ladaíñas...

E na praza da aldea
laiase o vento
e nos seus laios
á gaita i o gaiteiro

Silabario da nostalxia,
ladaíñas...

E no centro,
coma xigante vixia,
un cruceiro repenica

ladaiñas…

ladaiñas

 

Silabario da nostalxia…
silabario

 

Manoel Xosé

(Grupo Poético Brétema)

 




15 comentarios:

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Manoel Xosé es un poeta inspirado e sensible, segue a xogar coas Musas na nosa lingua, tan necesitada da vea creadora de artistas humáns, profundos e tenros coma ti.

Apertas agarimosas,

Xermán Torres

Anónimo dijo...

Que derroche de sensibilidade e de poéticos termos lingüísticos.
Moi bonito.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Sempre na memoria os tempos da nenez de un artista sensible e humán. Noraboa. Ceneme

Anónimo dijo...

Manuel Xosé : La nostalgia, en tu silabario que revive la aldea, la plaza,todo se mantiene con las caricias del viento y la música y tu poesía . Si la sílaba tiene la misma acepción en los dos idiomas yo soy monosílaba , pero me agrada leer aún lo que no percibo totalmente. Con miu afecto María

Anónimo dijo...

¡quen escribira e rimara como Xosé Manuel!
Do xinselo a o sublimeSanti Brañas

Anónimo dijo...

Amigo Manuel Xosé.-La nostalgia de un recuerdo es siempre reconfortante, es como si volviese uno a revivir los tiempos pasados, con la misma vitalidad y armonia, un relato precioso, gracias por esos recuerdos poéticos.
Un cordial saludo. Félix Loira.

Anónimo dijo...

Un rosario de belos recordos, unidos co fío da nostalxia polos tempos pasados. Pero no mesmo faltan moitas contas que enfiar... Como todo o bo, sabe a pouco.
O meu parabén,
Antonio Pinedo

Anónimo dijo...

Hermoso poema dedicado a nuestra Galicia tan querida y amada, y que llevamos siempre dentro de nuestro corazón donde quiera que estemos.
Saludos agarimosos de Gloria y Magali

Francisco de Sotavento dijo...

BONITO POEMA COCICHES NESTA FORNADA, NESTA FORNADA MEU CARO AMIGO MANOEL PRIMEIRO LIBRO QUE COÑECÍN XA SENDO NENO. O MEU SALABARIO E A PIZARA CO PIZARRILLO.

FRANCISCO DE SOTAVENTO- CEDEIRA

Manoel Xosé dijo...

Xermán, Xosé Antonio, Ceneme, María, Santi, Félix,Antonio,Gloria,Magali e a ti, meu caro compañeiro Francisco, a todos as miñas grazas polos xenerosos comentarios que facedes a este poemiña. Tempos idos... tempos xa pasados que permanecen no noso maxín e na nosa ialma. unha aperta e un desexo: que este aninovo que se achega, veña cargado de saúde, paz, felicidade e proxectos novos no voso maxín e ialma. Bon Nadal e Aninovo 2012. Manoel Xosé.

Anónimo dijo...

El viento como lamento y la nostalgia como una letanía imágenes muy sugerentes

Daniel

Anónimo dijo...

Silabario da nostalxia
ladaiñas...ladaiñas...ladaiñas...
precioso poema con aire fresco. Felicidades.
Felices fiestas amigo Manoel Xosé en compañia de los tuyos.Un abrazo manoel carlos

Manoel Xosé dijo...

Estimados Daniel y Manuel Carlos, gracias por vuestros comentarios. Os deseo unas felices Fiestas de Navidad y un prospero y venturoso año 2012. Un saludo, Manoel Xosé.

Anónimo dijo...

Apreciado Manoel Xosé: Noraboa polo ese fermeso poema, dun tempo que foi e outro que é.
E me pregunto,en que se terán convertido esas sombras que nalgunha outra parte, mesmo en Vigo, porque non? tal vez teñan nome e voz desprovistas da sombra que alí quedou.
Desexo para tí a para túa familia un Bo Nadal.

Elisabeth

David del Bass dijo...

Esta muy bien el blog, no lo conocía hasta ahora, me pasaré más a menudo a leerlo. Aprovecho para felicitarte el 2012, un saludo!!

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.