O poldriño baio e o seu pai

 

 

 

O poldriño baio e o seu pai

 

Polo Ouzal da Capelada

andan ceibes entre as xestas,

piñeiros e toxos outos,

un fato de bravas bestas.

 

Velai vai altivo o xefe,

pai do poldriño baio,

vanse achegando ó regato,

só se oe  un salaio.

 

A lúa que está tan alta

está a dicirlles algo;

ela que todo o ve

agoira un mal presaxio.

 

Mándalle ó vento que zoe,

ordena ó trono que troe,

dilles as nubes que choiva,

máis o poldriño a desoe.

 

Queren mata-la sede

da noite tan calorosa;

non saben que aquel regato

baixa auga olivosa.

 

Recean o pai e o fillo,

mais o instinto é poderoso

e bótanse a beber

do líquido ponzoñoso.

 

Entre relinchos dorosos

agonían pai e fillo.

Ó cabo de pouco tempo

morren o baio e o caudillo.

 

Por xentes desaprensivas

as xeneracións futuras

corren o risco de ver

envelenada a Natura.

 

Xosé Antonio Suárez Aneiros

Cedeira

(A Coruña)





11 comentarios:

Anónimo dijo...

Bonita historia, Antón, e tes razón, Andamos a envenenar a natura. Noraboa. Ceneme

Anónimo dijo...

Me encantó, Santi.

Anónimo dijo...

Solucionado el problema informático de nuevo entro en Comentarios:
Por las tierras da Capelada hay un rumor de pinos, son os versos de Antón, ditos con agarimos
Santi Brañas

Anónimo dijo...

Bella historia que acerca la necesidad de el indefenso y la ternura de un padre hasta en el reino animal. Bella referencia que nos mueva a mantener cuanto es vital. María

Anónimo dijo...

UN CANTO TENRRO Ó POLDRIÑO QUE SE ACHEGA A FALAR CON SEU PAI E SEU PAI ESTALLE DANDO AGARIMO.
XA ME CHEGA CON ESTA LINDA ESTAMPA,
XA ME CHEGA MEU AMIGO.

PERO A VIRXINIDADE DA NOSA CAPELADA ESTASE A FACER UNHA EIRA POLAS XENTES ESTRANXEIRAS E DE CERTAS XUVENTUDES SEN REMOTA IDEA DO QUE É A POLCRITUDE DA NATUREZA. A ESTA XENTE HABÍA QUE PRENDELA POR LIXUGAR CON ACEITES, PLASTICOS, BOTELLAS ROTAS,LATAS CROCADAS DE BEBIDAS REFRESCANTES E BOLSAS DE LIXO QUE TIRAN DESDE DOS COCHES PARA OS PIÑEIROS. ISTO VINO NON FAI MÁIS DE QUINCE DIAS QUE ME LEVARON
A DAR UNHA VOLTA POR ESES PARAXES.

GRACIAS POLO POEMA QUE VEN A SER UN CANTO DEFENSIVO CONTRA ESA XENTUZA QUE NON SABE RESPETAR AS MAIÑAS E AS MEXELAS DA NATURA.

FRANCISCO DE SOTAVENTO-CEDEIRA

Anónimo dijo...

amigo José Antonio. Un relato maravilloso en defensa de la madre Naturaleza, hoy está en decadencia esta cultura por que estos inhumanos no se dan por enterados, de que todos vamos en el mismo barco, el aire, el agua y el Sol es un bién común, y quieran o no lo tenemos que compartir con nuestros hermanos inferiores que son los animales.
Un cordial saludo, Félix Loira

Anónimo dijo...

A todos vós,Ceneme, Santi, María, Fco. de Sotavento, Félix (especialmente), que ben sei que sodes receptivos a estes temas douvos as máis expresivas gracias por ter lido o poema, pois, a un cáelle a alma ós pés cando ve cousas coma as descritas.
Unha aperta.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Alberto dijo...

Acertado el contenido del poema Xosé Antonio. Cuidar nuestro hábitat, es cuidar y proteger nuestro futuro y el de nuestras generaciones venideras. En lo referente a la composición, enhorabuena, rítmica y sonora. Un saludo.

Anónimo dijo...

Ben dis, Alberto, que coidar o noso contorno significa protexe-lo futuro dos que nos seguirán.
Gracias polas túas palabras.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Querido Xosé
Buena pintura de la naturaleza. Y del desafío del hombre. Comparto la preocupación por cuidar nuestra casa.
Afetuosamente Daniel.

Anónimo dijo...

Estás no certo, amigo Daniel, pois se non temos preocupación pola nosa casa, a que aspiramos?, a vivir coma os porcos e a agardar a que nos chegue o noso san Martiño?.
Unha aperta.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.