Galicia
Desalentos teño
que me atrapallan,
unha dor no peito
e un berro na ialma
¡Galicia, Galicia
qué pouco te falan!
O acento da xente,
de verbas que laian,
non son diferentes,
son soio palabras
¡Galicia, Galicia
qué pouco te falan!
Tradicións, costumes
de meigas e fadas,
de cheiros, de arumes
de noites de farra.
¡Galicia, Galicia
qué pouco te falan!.
De rías, de costas,
de mares e praias
e das mil revoltas
cos ríos amañan.
¡Galicia, Galicia
qué pouco te falan!.
Ladeiras e montes,
piñeiros e fragas,
das fincas dos condes
e leiras prestadas
¡Galicia, Galicia
qué pouco te falan!.
De ti Galicia falo,
De ti Galicia canto.
Coido non e malo
que che fale tanto.
¡Galicia, Galicia
qué a falen ben alto!
Santiago González Brañas
(Grupo Poético Brétema)
7 comentarios:
Moito amor á nosa terra, á terra que nos deu o ser e a alma.
Berro contigo:
Galicia, Galicia,
que a nombren
e a digan ben alto!
Felicidades.
Cedeira
X. Antón Suárez de Aneiros
Non podía ser doutro este magnífico canto a Galicia. Santi, noraboa. Ceneme
Santiago ¡ Es hermoso cantar !. Además hacerlo en versos que reconocen la grandeza, belleza, rica variedad de la tierra abrazada por el mar y, creo entender que unos versos expresan que no alcanzan a " decirlo todo " Magnífico reconocer ¡ cuánnto escapa a nuestra percepción.!Escucha y expresa " tus canciones"aunque yo no alcnzo a entender todo,me agrada. Gracias María
Benquerido amigo e compañeiro, fermoso canto a nosa terra, o terruño. Galicia non podería sentirse mais leda e ditosa, as túas verbas enchen de ledicia o seu nome i engrandécena con tan fermosas e belidas imaxes. Parabéns.
Cos meus mellores desexos para ti e familia, nestas datas de Nadal e un feliz e venturoso Aninovo 2012. Unha aperta, Manoel Xosé
GRACIAS SANTI PORQUE TI ERES UN DOS QUE MÁIS CANTAS A NOSA TERRA MAIS EU PARECE QUE SON DE FÓRA.
PERO CADA UN PODE ANDAR POLO CARREIRO QUE QUEIERA E LLE SEXA MÁIS DOADO.
FELICES FESTAS MEU AMIGO E PAISANO
SANTI BRAÑAS
FRANCISCO DE SOTAVENTO
Siempre es necesario el amor a la tierra propia, donde uno tiene sus raíces y sus sentimientos.
Un saludo afectuoso. Daniel
Galicia, que pouco te falan os galegos. Gracias Santi por recordaro con este bello canto a nosa terra. Felicidades. Un abrazo manoel carlos. FELICES FIESTAS
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"