Galicia
Galicia é unha xoia, de todo ten no seu ventre: Homes moi sabidos,
pintores, poetas e moi boa xente, ten soutos, carballeiras e mestas
fragas, serras, montes, miles de ríos, fontes e fermosas praias.
Galicia verde de piñeiros que fungan e falan, terra dos mellores caldos
da Ribeira Sacra, é o albariño, das Rías Baixas.
Galicia dos mosteiros, ermidas, pazos e cruceiros, dos muiños saíron
as muñeiras, de Rianxo as rianxeiras, en cada pobo ou vila hai festa
con bandas de música, gaiteiros, cantigas e alboradas nas leiras.
Galicia da pedra labrada, a fermosa catedral co Pórtico da Gloria é unha
gozada, cada penedo ten unha lenda, é moitas historias contadas.
Galicia dos hermandiños, que loitaron contra os nobres, e o seu castelo derrubaban.
Galicia dos trobeiros, con cantigas de amigo amor e de escarnio, de Martín
Codax, mendiño da corte do rei sabio, mendiño que foi nado en Vigo,
cantou a illa de San Simón a famosa cantiga de amigo.
Os Riós da Ribeira Sacra son coma mares de profundos, non troco a miña
terra galega por nada deste mundo.
Candela
(Grupo Poético Brétema)
3 comentarios:
Galicia es ti Candela, que a defendes con tan fermosas verbas. Ceneme
Gustoume esta viaxe por Galiza, sobre todo que incluiras a Ribeira sacra, paisaxe coma ningúnha, pois eu son da alí. Parabéns
Candela: Nombre de luz, de calor...Todo , sin que yo lo alcance a percibir en la totalidad, expresas en tu poema: hombres, árboles, vegetación, lugares, obras reconocidas por la historia y me agrada reconocer Sagrada la Ribera . Fuerza en la historia de cada momento recogida y reconoocida y bellamente expresada y sentida en tu poema . Felicidades con mi afecto María
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"