“Din que chove…”

"Din que chove…"

 

Din que chove en Santiago,

din que chove,

descoñezco.

Só cae auga pra lavalo

e así limpo mantelo.

Din que chove en Santiago,

din que chove,

non o creo.

Din que molla o orballo,

din que molla,

non o vexo.

Só é tal que auga de maio

que arrequece o terreo.

Din que chove en Santiago,

din que chove,

ai que velo.

Din que pingan os tellados,

din que pingan,

non o sento.

Só será que están sudando

a calor que teñen dentro.

Din que chove en Santiago,

din que chove,

non por dentro.

Din que cala o calabobos,

din que cala,

e eu seco.

Só por estar nubrado

non ten que ser espeso.

Din que chove en Santiago,

din que chove,

non o entendo.

Din que empapan os chuvascos,

din que empapan,

eu non tremo.

Só caen chuzos e raios

que son estrelas do ceo.

Din que chove en Santiago,

din que chove,

será anceio?.

Din que trona nos seus campos,

din que trona,

¡bueno, bueno!

Din que cae de carallo,

Quizaís… un des por cento.

Din que chove en Santiago,

se tanto o din…

… será certo

 

Santiago Gonzalez Brañas

(Grupo Poético Brétema)

 




5 comentarios:

Anónimo dijo...

E din que chove en Santiago, mais eu o teño ven cerca os Venres e non o vexo chover. Noraboa Santiago. Estoume a decatar que agora os teus comentarios entran, Ben feito. Ceneme

Anónimo dijo...

E DESPOIS DIN QUE NON CHOVE,
QUE NON CHOVE EN SANTIAGO,
CHOVE NA VILA DE CEDEIRA
E CHOVE NA VILA DO GROVE.

CHOVE DENTRO E CHOVE FÓRA
E SEMPRE CHOVE NA CASA DO POBRE...


FELICIDADES POR ESTA MUIÑEIRA.

Fco. de Sotavento

Anónimo dijo...

Santiago ¿ Será cierto todo lo que se dice ...? No sé si interpreto bien. Si no lo hago es mi ignorancia pero he disfrutado leyendo con lo entendido .¡ Qué transformación ! " sólo caen estrellas del cielo " Lo que escribo si es mi "certeza " Bello . Gracias con mi afecto María

Anónimo dijo...

Se chove, deixa chover;
se orballa, deixa orballar
que eu ben sei dun abriguiño
onde me hei de ir abrigar.

E ti, Santi, sabes abeirarte faga sol, choiva ou neve porque es un home prudente.
Moi ben.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Me gusta tu poema. Me gusta el ritmo y la repetición que va cobrando fuerza, en una negación que tiene un efecto contrario. Por lo menos a mí me dio la sensación de terminar empapado, calado por el agua. Un abrazo Daniel Uriza

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.