Os políticos corruptos

Os políticos corruptos

 

Prometen e menten,

non teñen vergonza,

o mesmo lles dá

o quintal que a onza.

 

Falan da xustiza,

mais eles son xustos?

Algúns que oín

déronme disgustos.

 

Eu non quero tratos

co que se dedica

ás falsas promesas

e á trola empírica.

 

Cando as eleccións

falan cun sorriso;

cando xa pasaron

chámanche insubmiso.

 

Animal social

é o ser humano;

o ente político,

dabondo tirano.

 

Sempre hai excepcións,

pero son os menos,

con tal de medrar

pisan ós alleos.

 

Home corrompido,

home depravado

por un despachiño

moi ben acolchado.

 

Teñen devezo

polo poder,

canto máis outo

están a feder.

 

Xosé Antonio Suárez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)

 

 




7 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes razón Antón, estamos avergoñados dos nosos políticos e a xuventude sen esperanza. Unha pena.Ceneme

Anónimo dijo...

BUENA POESIA FANTASTICA ESPAÑA PIENSA LO MISMO ENHORA BUENA ANTON UN SALUDO MARI FERREIRA

Anónimo dijo...

Que ben os coñoces querido amigo e eu pensaba que en Cedeira non había raposos. Coa rapidez dunha praga estendérose e reprodúcense como os roedores. O consolo que nos queda é o devandito "non hai mal...nin corpo que..." Vaia consolo de bobos e votámolos nós. Unha apreta, manuel carlos

Anónimo dijo...

Xosé Antonio : Tu poema recoge la afirmación :" No es lo mismo predicar que dar trigo " A todos nos cuesta DAR TRIGO. HEMOS DE CONSIDERARF QUE PARA DARLO HAY QUE SEMBRARLO.Con mi afecto María

Anónimo dijo...

Vai o meu a agradecemento a Ceneme,Mari, Manuel Carlos e María polas vosas palabras.
Os espécimes dos que falo non fan honor á súa definición. Hai que ter a esperanza de que algún día mudarán de comportamentos.

Unha aperta

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

TANTAS VECES EL SEMBRADOR RECOGE PIEDRAS Y EL QUE DA RECOGE DESPRECIOS Y BOFETADAS. EL EJEMPLO ESTÁ EN JESÚS DE GALILEA ...CUÁNTO EL NOS HA DADO Y CÓMO Y DE QUE MANERA LE HEMOS PAGADO. ESTA ES LA CONDICIÓN DEL HOMBRE QUE OFRECE COMO MUCHOS POLITICOS ANTES DE GOBERNAR Y DESPUÉS SE OLVIDAN DE DE NOSOTROS Y TE VES DESPRECIADO Y A VECES BURLADO,PERO COMO DIGO, ES LA CONDICIÓN DEL HOMBRE, PALABRAS, PALABRAS Y MÁS PALABRAS. FELICIDADES POR EL POEMA DE MI BIENQUERIDO AMIGO ANTÓN SUAREZ. SOTAVENTO

Anónimo dijo...

Gracias, Sotavento e a ver se te animas a escribir algo no blog, porque na casa ben sei que o fas e, botámoste de menos.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.