Oda a Cedeira

Oda a Cedeira

 

Na Magdalena varou

unha fermosa serea

e axiña se namorou

contemplando a branca area.

 

Das augas do Condomiñas

quedou prendada a serea,

desta feliz amizade

naceu fermosa Cedeira.

 

Retrouso

Cedeira, branca gaivota;

Cedeira, moza sen par;

Cedeira dos meus amores;

Cedeira, estrela do mar.

 

Un luceiro hai no ceo,

un luceiro sen igual

que aluma ó mundo enteiro:

Nosa Señora do Mar.

oooo

Castrexa Cedeira foi,

romana e sueva, tamén;

meu divino san Andrés,

estás ás portas do alén.

 

Castelo da Concepción,

baluarte da nosa ría,

Sarridal e As Sonreiras

do edén alegoría.

 

Xosé Antonio Suárez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)




8 comentarios:

Anónimo dijo...

Hermoso canto a Cedeira, José Antonio. Enhorabuena. Ceneme

Anónimo dijo...

Só o que vive e mama Cedeira pode escribir e dicir cousas tan fermosas e tan ben rimadas.
Santi Brañas

Anónimo dijo...

CANTARLLE Á NOSA VILA É UN DOS FALAGOS MÁIS GRANDES QUE LLE PODEMOS DAR.FELICIDADES POLO POEMA Á NOSA CEDEIRA

CEDEIRA É UNHA FERMOSURA DE VILA- UNHA DAS MÁIS NONITAS DE ESPAÑA.
TODOS OS PARABENS PARA A NOSA CEDEIRA.

++++++++++++++++++++

MIÑA GAIVOTA QUERIDA
UN DÍA HEICHE ANTAR,
UN CANTARIÑO LEDOSO
DOS NOSOS HOEMES DO MAR. SOTAVENTO

Anónimo dijo...

Sempre nos ilustras amigo Xosé Antonio con algo novo de Cedeira, das augas do Condominas ou do Castelo da Concepción baixo a luz do Lucero da Nosa Señora do Mar. Orgullosa debe de estar Cedeira de que fillos como ti cántennos as súas belezas.Unha apreta, manuel carlos

Anónimo dijo...

José Antonio : Más hermosa está Cedeira después de que en tus versos recoges cuanto ella muestra desde la tierra, en el aire, el mar, su balurte y su ría ... Sigue contemplando y refléjalo escribiendo para alabar la belleza. Gracias, mi cariño María

Anónimo dijo...

A todos (María, Manuel Carlos,Sotavento Santi e Ceneme), moitas gracias.
Da terra que a un viu nacer coido que non se poden dicir máis que cousas boas, xa que somos o que somos gracias a ela, pois é de ben nacidos ser agradecidos.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Xosé Antonio Suárez Aneiros

Que hermoso poema y que buena analogía con la sirena, le da un origén mítico y sensual.
Un abrazo.
Daniel

Anónimo dijo...

Gracias, amigo Daniel, así me imaxinei a xénese da miña mariñeira Cedeira.
Unha aperta.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.