O meu edén

O meu edén

 

No meu xardín hai un cedro,

un pinsapo e unha nogueira,

danme sombra no verán,

na casiña da Ribeira.

 

Tamén hai herba luisa

de agradable arrecendo,

unhas manchas de xacintos

e as hortensias crecendo.

 

Un rododendro chinés,

multicolores roseiras,

e variadas camelias

ornan a miña pradeira.

 

Un carballo pequeniño

e algúns pés de romeo

de lilas floriñas tenras,

cobiza dun himeneo.

 

Por que corres?

Por que berras?

Por que queimas

a Nai Terra?

 

Neste edén particular

paso o tempo cavilando

como as xentes se apresuran

e se van atropelando.

 

Porque nesta veloz vida

todo o mundo quer chegar

primeiro que os demais

anque  haxa que pisar.

 

Por que arrincas?

Por que asolas?

Por que amolas?

Por que trinas?

 

Xosé Antonio Súarez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)

 

 





10 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendo poema, José Antonio, como es habitual en ti, "pero tes razón, hay persoas que non poden vivir sen amolar".Felicidades, Ceneme

Anónimo dijo...

Hoxe, calquera, grande ou pequeno, pasa por diante dun esgarra e quédase tan tranquilo, ou sabe que o están vendo e rompe unha flor dun parterre, como se nada!; arríncan farolas, esbandallan os bancos (os de sentarse), ou fastidian ó veciño sen importar a amizade, a honra ou o compañeirismo e, non digamos o xeito de falar? Ás veces coido que é máis melodioso o balido das ovellas.
Gracias, Ceneme, polo teu comentario.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Nese Edén gustaríame quedar
Santi Brañas
Anton: Non esquezas remitirme a poesia prometida
Enderezo Santiago Glez.-Brañas
Rúa Urzaiz 211 3º 36205 Vigo

Anónimo dijo...

Yo también tengo un jardín con flores todo el año. Lo tengo porque lo cuido. Es una relación de amor. Cuido, riego y las plantas parecen agradecerlo con sus flores coloridas. La belleza es la mejor enseñanza para cuidar la naturaleza. Que bueno sería si todos pudieran tener ese edén.
Daniel Uriza

Anónimo dijo...

Gracias, Santi e Daniel por ler o poema.
Haberá algo máis fermoso que unha flor,unha planta? Pero para que se manteña viva, bonita, fresca, hai que coidala; o mesmo que o amor e a amistade.

Unha aperta.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

MEU QUERIDIÑO AMIGO,
A VER CANDO ME TRAS
UN POUQUIÑO DE BRIZO,
PRA BOTARLLO AS CAODEIRADAS
FRESQUIÑO E PICADIÑO
TI BEN SABES COMO SABEN
CON BON PEIXE E CON BO VIÑO
E SE BAIXAS PIRIXEL
TRAIME UN PEIÑO DE MILLO
PARA PLANTALO NA HORTA
NUNHA MAZETA DE VIDRO.

SABES QUE TIÑA DE TODO
PERO SECOUMAS UN BICHO
QUE VIVE BAIXO OS TORRÓNS
ANQUE OS GATOS SON AMIGOS
DESES NEGRIÑOS BICHIÑOS.

A VER CANDO ME BAIXAS
UN POUQUERRECHIÑO DE BRIZO
PRA FACER AS CALDEIRADAS
CON BO PEIXE E CON BO VIÑO
MOITAS GRAZAS POR TAERME
TODO ISTO QUE CHE PIDO.
UNHA MOI FORTE APERTA
DESTE SOTAVENTO AMIGO.

Anónimo dijo...

Xosé Antonio, tes un fermoso xardín, non hai planta, flor nin árbore que se che quede atrás, sen velo un imaxina o teu edén, que o poidas gozar.
Os que corren, os que gritan, os que pisan, os que non saben onde van, van destruíndo o que fan os demaís. Esperar que un día comprendan que a Terra é a vida é a nai e que non existe outro lugar.
Como sempre Xosé Antonio, a través dos teus poemas mostras a flora da túa querida terra e fasnos reflexionar, grazas unha aperta, manuel carlos

Anónimo dijo...

Manuel Carlos e Xabier,
grazas polos vosos azos.
Non deixemos que esmorezan
desta amistade os lazos.

Unha aperta

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

José Antonio: Te felicito porque vives en un paraíso, adornado de bellísimos colores , perfumado de delicados aromss. A veces desde la copa de tu cedro o en la sombra de los otros árboles admiras la belleza y grandeza que sientes y expresan tus versos . Gracias afortunado . Mi cariño María

Anónimo dijo...

Eu debo dar grazas a Deus por todo o que me dá, despertarme cada día, ver a luz do sol, o ceo azul, a chuvia, os animais, as montañas... os fillos, a muller, os amigos (entre os que ti estás, María).
Grazas

Cedeira
XOsé Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.