Cedeira
Da terra, do vento e o monte,
do baril e rouco mar,
xordes, Cedeira, con gracia,
entre rochas e o pinal.
Vila enxebre,
vila noble,
mariñeira
e salobre.
Es o meu berce, Cedeira,
que bailas ó son das gaitiñas
a troula e a muiñeira;
con aloumiños de meiga
báñate o mol Condomiñas.
O rexo e imponente Eixil,
os altos Cantís de Herbeira,
os Montes da Capelada,
son o orgullo de Cedeira.
Da Magdalena a vieira,
fina area e brincadora,
por un lado ó Labrador,
por outro a Nosa Señora.
Vila enxebre,
vila noble,
mariñeira
e salobre.
Miña terra queridiña,
tésme preso na túa alma,
quérote coma unha nai,
sen ti non sería nada.
Nas Pedras de Mediomar,
raios de mil colores,
adórnante cada día,
Cedeira dos meus amores.
Vila enxebre,
vila noble,
mariñeira
e salobre.
Xosé Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
7 comentarios:
Cantarlle a Cedeira é cantarlle a unha vila das máis fermosas de España. E hai que dicilo con moita fachenda, que os desta vila cantan coma sinsontes por iso inda que este poeta canta ben tamén lle escribe poemas.
unha aperta de Sota.
Gracias polo teu comentario, Sota.
É de ben nacidos ser agradecido, e os que somos desta terra somos fillos dela, así que moito lle debemos a este curruncho da nosa Galicia que nos viu nacer e medrar, e queira Deus nos vexa morrer, tamén.
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Amigo Xosé Antonio, tanto desa fermosa terra contaches, que sen vela, non me vou a quedar, espero un día calquera, ainda que sexa nun soño a Cedeira chegar. Unha aperta, manuel carlos
O que se diga dela é pouco, querido amigo; xa o di o seu eslogan "Cedeira: más que villa, maravilla".
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Me encanta como cantas a tu terruño. Siempre lo paso por el traductor porque no sé Gallego. Muchas veces quedan palabras sin traducir. Y después vuelvo al texto original, que guarda igual su encanto. Saludos
Gracias, Daniel, por pararte a ler os meus poemas. Cantarlle á terra dun é unha débeda que temos coa terra nai.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Amante cantor de Cedeira : Yo no paso, como Daniel por el traductor tu poema, lo leo, pierdo mucho de su riqueza expresiva, pero siento cómo en el poema están presentes , la tierra el viento, que aunque sea común, sin embargo ahí se hace caricia y trae el perfume singular de la vid a y cómo la montaña, el mar la Virgen están presentes . Cedeira, estremeida agradece tu canto y yo también con cariño María
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"