Sonetiño á Virxe do Mar
(Patrona de Cedeira)
Para Ti cantares,
para Ti emoción,
doce corazón,
Raiña dos mares.
Nai dos nosos lares,
con gran devoción
prego unha oración
… e alivias pesares.
Estrela do mar,
faro que alumeas
o meu navegar,
quero que protexas
a Cedeira, ó mar,
pois nel te recreas.
Xosé Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
10 comentarios:
Nosa Señora do Mar. Nosa nai de Cedeira.
¡Graciñas por recordalo e cantalo.
Santi Brañas
Me gusta, si señor, una hermosa plegaria a esa Reina del mar para quién esa Salve marinera está muy acertada. Felicidades. Ceneme
Tamén teu pai lle cantou,
anque eran outros tempos,
á Nosa Virxe do Mar,
Raíña da terra e ceos.
Gracias.
Unha aperta, Santi.
Cedeira
Xosé Antº Suárez.
Seguro que o imaxineiro J.Rivas nunca pensou que o prototipo de virxe mariñeira(hai máis que a de Cedeira,obra do mesmo autor compostelá), sería tan cantada, pola espiritualidade que desperta e a devoción que encende nas vilas costeiras.
Gracias, Ceneme.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Sencilla, emotiva, plegaria.
Un abrazo
Daniel Uriza
A Raiña do mar, mellor compañía non podes levar tanto en Cedeira como se sales á mar,a Virxe Raiña sempre vos protexerá, aos de Cedeira,máis. Unha aperta, manuel carlos
Gracias, Daniel e Manuel Carlos polas vosas palabras en recoñecemento ó meu poema.
A Virxe do Mar, como nai que é, vela non só polos cedeirenses senón por todos.
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Querido : Me uno a tu plegaria amorosa a la Virgen del Mar con oleaje visible y al mr de la vida y la reconozco Reina, Faro, Madre... .
Mi felicitación por tu bella expresión de amor y de esperanza en su protección.Feliz Pascua y travesís a TODOS LOS NAVEGANTES. Mi cariño María
Gracias, María.
A navegación por estas procelosas augas da vida non son tan difíciles se se ten a Corredentora por faro e guía.
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Son unha rapaza de CEDEIRA,devota da NOSA SEÑORA DO MAR,perdin ao pai dos meus fillos pescando na Rìa de Cedeira,Ò mar mo levou para sempre,e a VIRXE DO MAR mo devolveu.
Gracias NOSA SEÑORA DO MAR.
SEMPRE A OS TEUS PES.Maria Martinez Dominguez. Maria Barral.Cedeira
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"