A Capelada
Pedra, pedriña,
Couce Penido
e San Andrés
en Teixido.
Pena Marela,
Pena Toxosa
e en San Andrés
festa fermosa.
Ceo azul,
prado verde,
augas craras,
gando ceibe.
Poza da Auga,
Pedra Chantada,
e en San Andrés
gran alborada.
Monte Ouzal,
Chao do Monte
e en Teixidelo
gustosa fonte.
Ceo azul,
prado verde,
augas craras,
gando ceibe.
Din os máis vellos
que hai nas Lamas
unha viliña
asulagada.
Castro da Moura
Pena do Fraile,
Santo Adrián
lugar de baile.
Ceo azul,
prado verde,
augas craras,
gando ceibe.
Xosé Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
9 comentarios:
¡Lugares, recantos, corredoiras, fantasías dos meus anos novos!
¿Cantas veces fun a San Andrés? menos das que quixera. Sempre voltarei por camiños de lenda.
Santi Brañas
Esos lugares que tus últimos versos repiten estarán más bellos por tu percepción y descripción : el cielo, la fuente . la alborada...´Que todos sigan claros y luminosos . Yo no los conozco, el poema me los asoma, aunque no correspondan . Que todos permanezcan en tu interior y tus versos los asomen. Mi cariño María
Xosé Antón, o que non podes negar é que o mozo saíunos de pés inquedos, non lle quedou unha atrás, moitas festas tivo que andar, para esta lista dar. Felicidades, manuel carlos
Xosé Antón, o que non podes negar é que o mozo saíunos de pés inquedos, non lle quedou unha atrás, moitas festas tivo que andar pra esta lista dar. Unha apreta, manuel carlos
Unha boa descripción de tempos de festas, de corredoiras, de tempos ledos e de vergallazos o chegares tarde a casa, máis emocionante e sempre vivo, con todo podía a xuventude. felicidades, Ceneme
Santi, María, Manuel Carlos e Ceneme, moitas gracias pola vosa visita e por ter lido o poema da Capelada.Todos eses lugares percorrinos de rapaz e tamén de adulto pois recollin nun libro (A MÚSICA POPULAR EN CEDEIRA E NO SEU CONTORNO)en máis de cincocentas páxinas o acervo musical da zona, incluído o Cancioneiro de San Andrés de Teixido, de aí o meu coñecemento do tema. Tiven que facer centos de transcricións musicais e tripar os máis agochados lugares do municipio e de toda a bisbarra.A obra foi editada pola Deputación da Coruña.
Agora estou para rematar outro traballo similar.
Repito o meu agradecemento a todos.
Cedeira
X.Antonio Suárez de Aneiros
Disculpa,non puiden rfacelo antes por causas xustificadas.
Recordar e resaltar os nosoa lindos paraxes é moi fermoso.Unha aperta
Sotavento
Querido José
Me gusta mucho el ritmo de tu poema.
Daniel Uriza.
Gracias, Daniel, por ter postos os teus ollos nel. Todo o que eu diga destas aínda virxes paraxes será unha mínima aproximación á realidade.
Unha aperta
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"