Poema os poetas

Poema os poetas

 

Poema os poetas,

poeta sensible,

poeta amante,

poeta tenro,

poeta que tiras do máis a dentro,

a fibra sensible do teu

pensamento,

cantándolle ao mar,

cantándolle ao ceo,

cantándolle á lúa, á terra e ao vento,

e sofres na túa pel os desdéns,

porque non entenden o teu sentimento,

din que es un iluso,

din que es un inxenuo,

que vives de soños,

de soños eternos,

pero sempre houbo en todo momento

poetas que din o seu argumento,

eu que te vexo con amor

segredo, digo: a poesía

perdurará máis alá do tempo.

 

Candela Mouriño

(Grupo Poético Brétema)




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro Candela que la poesía, la tuya incluida volará más allá de los tiempos, como ha estado haciendo hasta ahora. Nunca faltarán poetas que denuncien la fealdad con palabras bonitas. Feliz año. Ceneme

Anónimo dijo...

Me gusta la cadencia de tus versos y al escribir sobre poetas, al mismo tiempo haces poesía.

Saludos

Daniel Uriza

Antonio dijo...

De sempre os poetas fomos considerados ilusos, tolos, inxenuos; bendita consideración!
Claro, onde haxa unha flor haberá poesía; onde haxa amor haberá poesía; mentres haxa un mencer e un solpor haberá poesía; onde se instalen a inocencia,o valor e virtude....haberá poesía.

Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.