Anóvate

Anóvate

 

Ía onte pola rúa

e estaba chea de xente,

pois estamos nunhas datas

nas que mercar é o corrente.

 

Moito ruído no ambiente,

profusión de colorido

almas que veñen e van,

algunhas con moito dominio.

 

Nun curruncho, meu pobriño,

un neno pedindo esmola,

non chegaba ós nove anos,

achegueime a el cun ola!

 

O rapaz ergueu a vista,

pregunteille por seus pais,

aquela alma non tiña

mais  familia que  súa nai.

 

Díxome onde vivía

e acompañeino ó fogar,

nunha cabana tendida

unha muller a agoniar.

 

Non o puiden evitar:

sentín unha profunda mágoa

e polas miñas meixelas

correron dúas tristes bágoas.

 

No Nadal de este ano,

que non haxa un neno triste.

Enxaga a túa conciencia,

anóvate, ouh, Jesu Christe!.

 

José Antonio Suárez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)

 

 

 

 




4 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué tristura para unhes e qué ledura para outros. Un neno triste e esfamiuchado, sempre nos chama ao noso corazón primeiro darlle consolo e logo cumprir co noso proximo que é o noso deber de almas andantes desta terra, que debéramos seguir todo o ano perseguindo a real pobreza naqueles fogares que apadecen e moitas veces non sabemos que a teñen.
!Benditas sexan as mans das persoas caritativas cos nosos máis desfavorecidios¡
Cristo baixou polos pobres e polos oprimidos, por iso a mellor ofrenda para o noso Señor é darlle consolo e pan aos nosos pobres. Unha agarimosa aperta de Sotavento.

.

Anónimo dijo...

Que sos estamos entre tanta xente,que será dos nenos con tanta xente indiferente, maña serán crueis e indiferentes coa xente. Non temos remedio. Feliz ano novo, manuel carlos.

Anónimo dijo...

Estimado Antonio, la feria estaba en su apogeo,
el niño jugaba descalzo,
todo era griterío,
os ojos del niño en los juguetes,
la miseria al parecer nadie la nota.Ceneme

Unknown dijo...

Querido Antonio : hago mía tu última estrofa, hecha súplica a Jesús que lo sentimos más cercano en este tiempo, que como ÉL manifestemos el AMOR . Gracias Mi afecto María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.