Empatía

 

 

Empatía

Din que o amor é a pedra

onde se afía a alma,

eu, amáis, coido que serve

para* ter o espíritu en calma.

Nada hai máis desdeñoso

que ser un ente iracundo

porque a xustiza e a paz

 son o ideal deste mundo.

Temos na nosa lingua

 un dito moi popular,

cando algo non convén

 dicimos: deixa xear.

Sen embargo, a exhortación,

non parece de recibo,

 pechar os ollos, ás veces,

é algo pouco afectivo.

Por iso a empatía,

 poñerse na pel do outro,

é menciña saudable

 para non ser ente neutro.

 

José Antonio Suárez Aneiros

Cedeira

(A Coruña)

 




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu vexo tres rodas de afiar,
a roda que afía a paz,o sosego, a tranquilidade,a boa amistade, a fraternidade e a DIVINA e eterna frase que di:¡Deixade xear!
Detrás desta frase está a mesma paz.

Temos a roda que afía a moral e a ética da concencia,e os feitos dos sentimentos e comportamentos que deixamos nos nosos sendeiros.

Temos a roda de afiar a xustiza, a trampa, a comenencia, o soborno e a malicia sobre todas as cousas, poderosa materia.

Neste mundo todos somos afiadores e cada un de nosoutros desde o noso amor deberíamos afiar a nosa alma, os nosos sentimentos e a non poder conseguir a paz sentirse feliz dicindo: Deixa xear...
Unha agarimosa aperta do teu amigo Sotavento

María dijo...

Desde mi limitación percibo: el amor, su efecto en el alma. la empatía ... Bellas y necesarias consideraciones .Gracias mi afecto María

jose dijo...

Grazas María e Sotavento polas vosas consideracións cara a min.
Hai que seguir loitando "Vivere militare est", que en román paladino significa que a vida é unha loita contínua (Séneca). Aproveito para desexar a todo o mundo unhas felices festas de Nadal.
Bicos.
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.