Ás veces


Ás veces


Ás veces, soamente ás veces,

os días transcorren sen pegada, sen rastro.

Ás veces, soamente ás veces,

cheiro os aromas das flores nos campos.

 

Ás veces, soamente ás veces,

pola mañá oio o canto dos paxaros.

Ás veces, soamente ás veces,

creo na xente, nas súas mentiras e enganos.

 

Ás veces, soamente ás veces,

levanto a cabeza e vexo o ceo estrelado.

Ás veces, soamente ás veces,

cando me dis que me queres, sóame a falso.

 

Ás veces, soamente ás  veces,

penso no odio,egoísmo e envexa do ser humano.

Ás veces, soamente ás veces,

miro cara atrás e non me gusta o andado

 

Ás veces, soamente ás veces,

pregúntome, quen son, onde vou e se cheguei algún lado.

Soamente ás veces.

 

Manuel Carlos Couto

(Gran Canarias)

 


 

 

 


7 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Qué pena! que "só as veces" escribas no noso blog.
Santiago Brañas

Anónimo dijo...

Para saber donde vas
márcate un rumbo seguro,
saber siempre dónde estás,
ya que los rumbos se pierden,
cuando estás en alta mar. Felicidades y que te pierdas más veces por nuestra página. Ceneme

Anónimo dijo...

Amigo Ceneme,gracias por recordarme lo del rumbo, que a veces, se pierde con mucha facilidad y a veces, es muy dificil retomar, aunque a veces, pienso que lo que me gusta es la mar. Saludos, manuel carlos

María dijo...

Te gusta el mar y lo ves siempre cambiante pero es siempre el mar: profundo, misterioso, inabarcable, infinito. Si llevo la atención al " mar personal"... Conserva la imagen del mar sereno, de su vaivén que abraza a la costa , que refleja el sol, que cada día lo alumbra en la nueva alborada y que en tí brilla Con mi afecto María

Anónimo dijo...

María, tienes nombre de mar
de una mar en calma
aunque seas tempestad
y tus ojos reflejen la inmensidad
de la mar.
Un abrazo, manuel carlos

jose dijo...

Disfruto e alédanme os poemas de Brétema, mais aínda me aledan moito máis se están escritos na nosa fala nai. Noraboa, Manoel.

Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

José Antonio, A lectura dos seus poemas en galego e o seu amor á lingua dos nosos pais, aínda que eu diría avós, motivaronme a escribir en tan bela lingua, a pesar que o meu galego sexa de recordos da miña nenez.
Que a xente ámena,escriban e falen a fermosa lingua que nos legaron os nosos pais. Somos nós, os que temos que sentirnos orgullosos de noso falar . Saudos, manuel carlos

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.