Solpor

 

Solpor

 

A tarde esmorece,

o día morrendo,

e un gran solideo

no ceo crecendo.

 

Dende a alba capela

o azul do mar mixtura

as violáceas cores

das infinitas alturas.

 

O día na alma

maimiño fuxía,

no meu corazón

lene alegría.

 

Auga, piñeiros e mar,

rochas, escuma… e paz.

 

José Antonio Suárez Aneiros

Cedeira

(A Coruña)

 

 

 

 

 




5 comentarios:

Anónimo dijo...

iso e moito mais, amigo Aneiros, brisa do mar, cantos que veñen de lonche, aromas que te veñen a perfumar, e no medio de todo o silencio cando o mar inspira e dempois deprende o seu inspirar. Saudos, Ceneme

Anónimo dijo...

NAS POSTAS DE SOL DEITA DO NOSO CORAZÓN UN LAIMOSO ENCONTRO CO SOSEGO E COA PAZ
TEN O TEU POEMA BRISIÑAS DE PAZ E UNHA MIUDA TENRURA QUE DIFINE A GRANDEZA DO HOURIZONTE E OS MIL ESPELLOS DO MAR

O POEMA TEN TRANQUILIDADE E A TARDE CANSA QUER DORMIR NOS BRAZOS DO MAR.OXALÁ FOSE UN ÓLEO ONDE FALARÍA MÁIS O POEMA COS SEUS CORES. UNHA APATERTA DE SOTAVENTO.

Anónimo dijo...

E a min todo isto soname a música, a música galega, moriña, suadade e todolo que queiras.
Santi Brañas

Unknown dijo...

No me muevo en tu medio de expresión pero la lectura, grata, a pesar de ello me lleva creo que como el poema a la tarde, sin quedarse en el ocaso definitivo sino a asomarse y acercarse a admirar todo lo que espera nuevo amanecer y al final "la paz" ¡ qUÉ LOGRO! Con mi afecto, gracias María

jose dijo...

Grazas a todos polos vosos comentarios, pois danme azos para seguir escribindo.

Cedeira

José Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.