A Viveiro
Que bonito está Viveiro
no fondal da súa ría.
É a patria dun ilustre:
Nicomedes Pastor Díaz.
Un romántico poeta
e das Letras marabilla,
Político foi de sona,
que toda Iberia ademira.
Tivo ós hirmáns Vilar Ponte
e tamén a Chao Espiña,
non esquecendo a Gerino,
escritor e periodista.
Houbo outros persoeiros,
que lle dan lustre á túa vila,
destacando na cultura
en festas e romerías:
Médicos bós, xenerosos
hai na tua fidalguía,
que honraron ista cidade
dando exemplo coa súa vida.
Tén o porto de Celeiro
para bonito e sardiña,
e pescada do Gran Sol,
vieiras e zamburiñas
Qué bonito estás, Viveiro,
no fondal da tua ría!
Manolo de Rinlo
(Grupo Poético Brétema)
3 comentarios:
Manolo, Viveiro e a sua ría, sempre estarán bonitos, lucindo na tua rima. Ceneme
Si que esta bonito Viveiro,como tantos recunchos de esta terra,a que sempre tes presente nos teus versos.
Un abrazo,Isa Lago.
Mágica la belleza de esa ría Manolo y encantador también ese poema que de forma magistral la describe.
Un beso, Pilar.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"