¿Como saberei eu
si o que escribo agora
será lido por alguén
algunha vez?
¿Como adiviñar
se alguén nadará
nos meus recordos
cando xa non os teña?
Volver á vida
por cada palabra,
pronunciada ou lida
por descoñecidos
que senten coma min
as miñas penas.
É a maxia da poesía:
seguir facendo amigos
cuns versos que se len,
conseguir que te coñezan
levando cen anos morto
e converter caligrafía
en puro sentimento.
Alá moi lonxe
afastado desta terra
lanzarei unha bágoa
que estoupará
coma un misil macabro,
sementando de verdades
os terreos estériles:
aquí un verso
alá, unha palabra.
E unha nube amarela
mentres chovan penas
coma unha eterna alborada,
presidirá o momento
como preside a Lúa
as noites de invernada.
Ángel Sande Caamaño
5 comentarios:
Un bo poema que tamén reflexa unha dubida existencial e unhas preguntas que algunha vez todos nos fixemos ou facemos. ¿Cara onde imos logo deste corto traxecto? ¿onde quedarán as nosas lembranzas, quen se lembrará de nos?
La vida pasa, fugazmente, en un instante, pero aquello que sembramos alguien lo recoge.
Un poema moi fermoso a pesares das notas tristes da morte.
Mais eu quero achegar un anaco de ledicia ao autor, pois penso, que un poeta nunca morre, segue vivo mentres se recorden seus versos, mentres alguén lea ou recite os seus poemas.
Saúdos e apertas pra todos.
Gústame e pareceme moi interesante.
Reflexa a inquedanza de moitos de nos ante este mundo de merda.
Realmente estou sorprendido que vos guste o que escribín, ainda que me aleda por suposto. Escribir para min é un desafogo moi grande dende que o descubrín hai uns anos. Penso que o primeiro poema que escribín foi aos 16 anos, e dende aquela xa non puiden deixar de facelo cada vez que algo me torturaba. Supoño que a todos os que enganamos á tristeza escribindo nos pasa, non o sei. Grazas.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"