AMOR PERFECTO

AMOR  PERFECTO

 

O tempo, o tempo completo de tódolos tempos.

 

O tempo ausente, o tempo da lembranza,

 

A miña vida enteira é unha constante suma de tempos

 

Parcíais, cachiños de tempo delicioso,

 

Sedantes de tempo delicado,

 

A beira dos teus beizos perfectos,

 

Que lento e lene bico eu, con dozura absoluta,

 

Bico de tódolas primaveras ocultas e vividas.

 

O tempo do bico soave, amada primavera,

 

É  tempo de entregarme a tí ,enteiro,

 

Prófugo de min mesmo,

 

Na suma entrega do poderte amar,

 

Sen pronunciar as torpes palabras

 

Que, xamáis, quixera eu pronunciar.

 

Máis debo afirmar ó amor de tódolos amores,

 

Me sinto quedo a túa rente,

 

E con deliciosa amornía acariño

 

O teu espido corpo, suavidade constante,

 

E achégate ao meu perdido alento inútil.

 

Sinte a perfecta dimensión da paixón amorosa.

 

Ouh! Meu amor, meu doce amor doce,

 

Doce bicos seguidos non me chegan,

 

Para bicarhe un delicioso intre de amor perfecto.

 

Achégate á quentura do meu corpo entregado

 

A tí, no tempo da maxia amarosa.

 

Deixa meu amor, que a tí chegue,

 

Para apertarte lento e perpetuo.

 

Parece como se o tempo non pasara,

 

Parece coma se os pequenos segundos

 

Foran horas, sempre, inacabadas.

 

Canta o paxaro de cores na ponla da árbore,

 

Na linda primavera coorida,

 

Namentras ti e máis eu,

 

Queimamos o máis fermoso

 

Da paixón amorosa.

 

Pola aberta fiestra penetra

 

Unha corrente de ar doce e lento,quietute,

 

Que agarima as nosas facianas sorrintes,

 

Nos momentos da paixón máis fermosa.

 

Son ledicia pura cando miro, que , de seguro,

 

Me amas sen máis interés que o amor puro.

 

Síntome  de xeito seguro a túa beiriña queda,

 

Non xiquera eu pensar, polo de agora,

 

Naqueles momentos nos que  teño

 

Que enfrontar con un mundo hipócrita,

 

Suxeito a leises egoistas.

 

Sempre, eu quixera contigo estar.

 

 

Miguel  Dubois Thenaise (Pontevedra)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.