A TOLA DAS RUAS

A TOLA DAS RUAS

(Canto á liberdade)

 

Velaí

a tola das rúas:

pequena, enxoita, inacabada,

con ollos de moneca de trapo,

unha caxata na man

e unha perna mancada.

Velaí

a velliña espeluxada

durmindo polos portais,

sempre soa,

sen queixarse nunca,

sen pedir esmola.

Velaí

que din que está louca

porque rexeita os asilos,

as ataduras,

as normas,

pois ela di que naceu ceibe,

sen días,

sen horas,

sen necesidades

e que non pode vivir

sen o único que ten,

a liberdade.

Velaí

unha saca de engurras

que vai ranqueando

sen que lle importe a choiva

e o vento

e a friaxe

que sempre van con ela

e co que máis quere,

a liberdade.

Velaí

unha sombra que vai polas canas do tempo

tan só con iso

do que tanto se fala

e que desexan os covardes,

os submisos,

os mandados,

os vendidos,

os que non teñen o único que o home ten de seu,

a liberdade.

Velaí

a ximnosofista embostada

que non empoleira a ninguén:

nin ós poderosos do mundo

nin ós que amañan as leis

nin ós que sempre están prometendo

o que eles mesmos non cren,

nin tan sequera ós que falan de liberdade

polo monótono roncón

dos alienados

que pasan polo mundo

coma escravos que son.

 

Serxio López-Corona

 

 

2 comentarios:

Mª Teresa Sánchez Martín dijo...

Con ayuda del enlace Instituto Cervantes-servicio de traducción automática que tenéis en el blog puedo traducir al castellano los poemas en gallego, aunque siempre los leo en su estado original porque me encanta esta lengua.

Un bello poema. Es envidiable la valentía de esa mujer. Ese valor y esa libertad son una riqueza que muchos que se creen poderosos no tendrán nunca.

Un saludo.
Teresa.

Anónimo dijo...

preciosa representación de la libertad, libre de ataduras y de normas. Esa valentía para enfrentarse a todo, aunque la llamen "tola". Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.