O GALO

O GALO

 

Son o galo madrugador,

espelido, fanfarrón,

corpo ergueito, firme paso,

con aires de señorón.

 

Saltarina a miña ollada

e crista grande, encarnada,

plumas de vistosas cores,

botíns marelos e fortes.

 

Toco o chifre no poleiro,

pola mañá ben cediño

e as miñas notas son ordes

para tódolos veciños.

 

En tódolos galiñeiros

da bisbarra e arredores,

contestan os compañeiros

cun robusto aturuxar,

dando a benvida a luzada

dunha mañá limpa e clara.

 

Pepita Nóvoa

(Terceira Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.