En louvor do “Fiadeiro”

En louvor do "Fiadeiro"

 

Toquen os pandereteiros,

e que baile a rapazada,

onde están os "Fiadeiro"

sempre hai festa rachada.

 

Como danza a miña filla,

do "Grupo do Fiadeiro",

como move as súas manciñas,

como move o corpo enteiro.

 

Como na punta do pé

segue ese són garuleiro,

como baila a miña filla,

como danza o compañeiro.

 

Como se move ese Grupo,

a través do mundo enteiro,

bailan acó e acolá,

pero en Galiza onde menos.

 

Ai, que pena, que peniña,

que danzantes e gaiteiros,

trunfando en tódalas patrias

sexan na súa estranxeiros!

 

Xosé Manuel Vázquez "Manolo de Rinlo"

(Terceira Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

 

 

 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ai que roelo! nadie e profeta na súa terra

Rogelio dijo...

Que se lo pregunten a los ayuntamientos, en verano traen o suelen traer grupos de fuera, agrupaciones rusas, chinas, irlandesas y... gallegas? Una agrupación en casos contados. Sí, se potencia mas lo de fuera. Así nos va.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.