SENSACIÓN

SENSACIÓN

 

Que sensación, muller, es ti na noite

e no mencer e no cumio, enriba,

e tamén no solpor,

que sensación, muller, cando vés comigo

alá, ao mundo dos soños en branco e negro

onde ti pos as cores e as meixelas,

alá polo camiño da pube e as bolboretas ao son do chifro,

alá, onde non existe o vento nin o frío

nin a choiva nin a néboa nin o tempo.

Que sensación, muller, na carne espida

e nas redomas que fan os teus peitos

e no sabor a mar na ardentía da túa boca.

Que sensación de vir e de sempre vir,

de fervenza.

Que sensación, muller, cando ules os perfumes

e atrapas o fulgor nos teus ollos

para recender e iluminar

no amor que estremece.

Que sensación de seiva sen gumes,

de sangue sen feridas,

de tempo sen horas,

de latexos e de mans e de beizos e de vida.

Que sensación es ti, muller.

 

Serxio López-Corona

(Terceira Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Fermoso, ben fermoso o poema. A delicadeza e a composición das verbas deixan unha paisaxe de sensacións dulces e agarimosas.
Xan.-

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.