PARA MIÑA NAICIÑA MORTA
Poñerei cabo de ti unhas camelias vermellas
na túa homenaxe, na túa lembranza.
Ou poñereinas brancas? O vermello é amor,
as Albas plenas, pureza; mirada de nai.
O verde das folliñas, esperanzas
e recordos dunha vida sen fin.
Un rosario de estrelas, como camelias,
arredor da túa memoria.
O xardín da nosa experiencia xuntos
alegrías e penas compartidas,
vermello e branco de camelias,
negro de tristuras e desacougos.
Quero para ti un eterno xardín
de camelias do Salnés,
un solpor vermello do sol no mar
e sempre a testemuña vexetal do meu amor por ti.
Xermán Torres: Hidromel, Concello de Vilagarcía, 2007.
4 comentarios:
Xuntos Xermán na lembranza,que esta noite todas as nais estén en ese rosario do Ceo.Un abrazo
Estimada Josefa,
Gracias, estimada amiga
por llamamrme la atención
no soy yo el que se ha perdido
en los Cerros sin farol
Yo respeto a Don Antonio
y a todo lo que pensó
La vida no es un camino
ahí no estoy de acuerdo yo
ya que la vida es un tiempo
que va marcando el reloj
Cuando tu tiempo se acabe
tu camino terminó
Ceneme
Xermán, os recordos da nai na memoria non se borran nunca. Saludos. Ceneme
Mais alá dos tempos, mais alá das nosas propias inquedanzas, mais alá do mais longo sentimento existe a tenrura e o cariño dunha nai. A nosa fonte de vida, a nosa razón de ser.
Tenro poema sobre os sentimentos e tenros sentimentos do mais inmenso amor por que nos dou a vida.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"