OS TEMPOS

OS TEMPOS

 

Maduraron os tempos.

Mulleres de onte ¡alegrádevos!

A muller neste século

ten un posto de traballo

 

Hoxe, meu canto é de ledicia,

por fin podemos berrar!

Quero render homenaxe

ás mulleres que xa non están.

 

Morreron nesta loita;

Traballaron sen ser escoitadas;

Nosas nais, nosas avoas;

Noites, días... cheas de bágoas

 

Recoñécense os seus feitos,

aínda que un pouco minguados;

Muller, nai,  avoa e filla

¡descansade! Xa está acadado.

 

Estamos eiquí neste centro

hoxe  conmemorando.

Ás mulleres traballadoras

xa non as  darán de lado.

 

Mulleres do noroeste

que me estades escoitando,

mulleres de orixe Celta

¿non tendes xa que calarvos!

 

Eu ,que teño a ocasión

de ler estes meus versos,

quero renderlle homenaxe

ás mulleres deste tempo.

 

Abril 2002

MT.C.D.

 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Espero que tengas razón y que la mujer se sienta más realizada, pero ¿no se arroja a la caza como el hombre y además tener que destribuirla al llegar a casa?No se pone la mujer a si misma más responsabilidad a sus espaldas?El león se hace comodo al tener una leona que caza para él

teresa cariño dijo...

!Miguel amigo mio ! las leonas si pero las personas hoy,realizamos trabajos de igual importancia que los hombres......eso antes seria imposible,quien tenga solo hijas hoy tendra las mismas oportunidades que el que tiene 4 hijos.De todas formas ya sabes que me encanta bla bla ...un abrazo .

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.