O MAR ROMPE NAS PEDRAS

 

O MAR ROMPE  NAS PEDRAS

 

Rompeuse a miña vida

como o mar rompe nas pedras,

como o raio rompe a árbore,

como a paisaxe na brétema.

 

Nun curruncho atopeime

Ninguén me tendeu a man,

 eu non sei se me quixeron

ou nacín soio sen máis.

 

Rompeuse  a miña vida,

o tempo vexo pasar,

estou  canso, estou ferido,

e de moita gravidade.

 

Rompeuse a miña vida

e non me quero lembrar,

que fun neno, que fun mozo...

onde está aquel rapaz..

 

Teresa Cariño

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.