MEU ANXO

 

MEU ANXO

 

E chegou xaneiro coa súa sarabela

cheo de agasallos e cós reis magos

Naciches ti! Meu pequerrechiño,

cós olliños pechos e sen cabeliños.

 

Tomeite no colo, enchinte de bicos,

chegaches sen roupa tremías co frío,

ás veces pensando naqueles tempos

ó carón da cuna meu fillo primeiro.

 

Fágote un poema ós trinta e tres anos,

un longo camiño de noites falando

de cando eras pequeno, vaguei nos recordos,

axéxanme as bágoas meu fillo no ollos.

 

Das mesmas entrañas suspiros saíron

por todo este tempo sempre sorrindo,

ser como ti es de fonda tenrura,

es o meu anxo que dorme na cuna.

 

Mª Teresa Cariño

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Teresa, poema intimista de los hermosos recuerdos que perduran.
Espero que tu hijo sepa apreciarlo. Saludos, Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.