LOUCURA

LOUCURA

(Soneto inxenuo de dous seres entregados)

 

 

Estamos xuntos nesta clara noite de luar,

Debezo por bicar e percorrer o teu espazo,

Ese teu fermoso corpo arrodeado nun abrazo,

Todo o quero para min; todo para o acariñar.

 

Fúndome contigo, somos un, preto do mar.

Auga, area e ti ao meu carón. Un lazo

Xunta as nosas vidas, soño cun noso pazo

Onde ti es a princesa que ten que reinar.

 

Co meu corazón loitarei por ti ata morrer,

Es a miña compaña querida, desexada.

Calquera enfeitizo, calquera veleno hei beber,

 

Ninguén pode me afastar da miña namorada,

Contigo ao meu lado nada poido eu temer,

Non deixarei que perda á miña vida conquistada.

 

Xermán Torres

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.