CALIDOSCOPIO

CALIDOSCOPIO

 

Eran ás de bolboretas

que de cores irisaban

os agros e as campías

e as meixelas das rapazas.

 

Eran fachos rebrincando

pola terra e as montañas,

eran noites de San Xoán

de feitizos e de maxias.

 

Eran estrelas acendidas

que azuis pestanexaban,

eran engados de ollos

que de lonxe namoraban.

 

Eran bruxas convertidas

en fadas que encantaban,

eran beizos excitantes

de mociñas que bicaban.

 

Eran voces de cristal

e murmurios que chamaban,

eran cantos de sereas

que o siso che roubaban.

 

Eran ollos bivalvos

que viñan polas praias:

San Francisco, A Lagoa, Espiñeiro,

Mendiño, Rodeira ou Moaña,

e se tentabas collelos

polas ondas te levaban.

 

Eran ollos glaucos

que rubían polas augas,

e se mirabas neles

confundíanche a mirada.

 

Eran ollos que eu mirei,

eran ollos que miraban,

eran ollos que aínda miran

polos ollos que aínda aman.

 

Serxio López

(Segunda Antoloxía do Grupo Poético Brétema)

2 comentarios:

Pablo dijo...

El tema elegido es precioso. En lo referente a la composición quizá adolezca de armonía en la tercera estrofa. En estrofas intermedias la composición es aceptable; el final, el adecuado, nada que matizar. Un buen trabajo, pero sin dormirse en los laureles.

Anónimo dijo...

Buen trabajo Sergio, como todo lo tuyo, bien rimado, en buena composición y ese halo imaginario.
Felicidades. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.