¿A Forza está na terra?

¿A FORZA ESTÁ NA TERRA?

 

Galicia terra de virxes

e de santos bondadosos,

onde as meigas existen

nestes tempos tan fermosos.

 

Versos de grandes homes

e de loitadoras mulleres,

que loitaron polos pobres

e defenderon ben as leis.

 

Prestixiosos premios noveis

raíces de presidentes,

xente que merece honores

e inmortalizalos para sempre.

 

Terra que deixa morriña

e no peito esa ilusión,

para lembrarse de esta Galicia

que o que foi... sempre voltou.

 

Aquí, puso deus a cor

expandindo a súa beleza,

seducindo ó Corazón

do peregrino que chega.

 

Amante Romero Álvarez

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Amante, moi bonitiño teu poema, moi patriotico, pero saca a venda dos ollos, hay moito que marchou e non voltou nunca mais, non porque non quixera, senon porque non pudo.
ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.