Este traballo foi feito despois de visiona-lo reportaxe de investigación "Callejeros", do canle cuatro de televisión. Dito reportaxe ía sobor do "Casco vello" de Vigo. ¿Miseria humana, vergoña do que somos?
Adicado a todos aqueles que morreron por mor da maldita droga... do cabalo.
E serva tamén como denuncia social contra todos aqueles que trafican ca morte lucrándose con ila.
Adicado a todos aqueles que morreron por mor da maldita droga... do cabalo.
E serva tamén como denuncia social contra todos aqueles que trafican ca morte lucrándose con ila.
Tempus Fugit
-Ensaio apoético en Re menor-
Morre a noite nas soleiras do silenzo
e as rúas trousan os seus segredos máis ocultos.
A mañá é un caldeiro de lixo reciclado
e os heroes son profetas do esquecemento.
É a hora dos trasnos
que se limpan en piletas de residuos radioactivos.
Esperta a cidade do seu sono mortal
e os bardos derraman as súas verbas
na xungla do asfalto.
O tempo é un intre que se afoga na lembranza
e o presente é un acto de civismo involuntario
A vida cabalga coa
nordesía
nunha carreira de suicidio colectivo.
Cabalos de morte na madrugada
e rosas malditas na alborada.
Rosas, só rosas
rosas ao riscar o Alba
Manoel Xosé

2 comentarios:
Querido Xose Manoel, este poema que he fermoso, moitos non o entenderán, porque quizás haxa que explicar que se refiere a o mundo da droga, e das xeringas.
Sigue denunciando.
ceneme
Aunque me cuesta entender con detalle todo, pues no se gallego ni portugués, es un bonito poema. Y bien merece el esfuerzo de leerlo varias veces.
Felicidades por este poema y por todos los demás.
¡Qué gusto que seáis tantos...
ANGALU
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"