Soños

Soños

Algún día deixarei de soñar.

Durmirei para sempre
sen espertar xamais.

Descansarei polos séculos
sen voltar a soñar.

Os meus soños durmidos
prisioneiros quedarán.

Chorará o ceo
chorará…

Voará a bolboreta
onde eu non poida voar.

Os meus soños durmidos
durmidos están.

Deixádeme que soñe,
deixádeme soñar…

O río durmido…

O sauce a chorar…

 

 

-Gelu García Susavila-

3 comentarios:

Paco dijo...

Preciosa y tierna

.dito dijo...

Gelu, no conocia esa faceta tuya...

pero muy buena la poesia...!!

Programador .dito

Anónimo dijo...

Espero que non durmas,
que soñes
e que a tua sencible poesia
a todos nos arrole
Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.