ELA É

ELA É

Ao grupo poético "BRÉTEMA"

 

Ela é o sol,

o arrecendo dunha gracia,

un destino a carón da luz,

un alento,

un sentimento na alma.

Ela é o estro inefable,

a beleza pura,

a palabra que enleva,

a ledicia na infinita tristura.

Ela é o cantar da liberdade,

a aura que ilumina,

o murmurio do espírito,

o amor que suspira.

Ela é e sempre será,

pola inquietude e a vida,

a nosa amada,

a POESÍA.

 

Serxio López-Corona

1 comentario:

Anónimo dijo...

Muy buen poema Sergio, una exaltación a la mujer, que es la razón por la que vivimos.
ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.